sábado, 4 de outubro de 2014

Feira de Troco na Traseira do Mercado de Caranza


Feira da Tenda de Troco.

Cando ? : Sábado 4 de Outubro de 2014
A que hora ? : De 11:00 a 14:00 horas.
Onde ? : Na Traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).

Ven a informarte de que é o Troco e como traballamos na tenda de Troco de Arméria Sociedade Cooperativa Galega.

A Tenda de Troco
A Tenda de Troco é unha iniciativa de ARMERIA, Sociedade Cooperativa Galega, como servizo público e para que a xente a use e goce facendo trocos, que o vexa sinxelo e cómodo, mais, o principal obxectivo da tenda é crear conciencia, outra maneira de ver a economía, e para iso non hai máis remedio que pararse a pensar un intre.

O troco, unha opción viable
Antes de comprar ou vender algo, considera o troco como unha opción viable, sinxela e barata de adquirir algo semi novo. Ademais aforrarás cartos e evitarás contaminar co empaquetado do produto como por exemplo a bolsa de plástico onde cho dean.

Trocar é aforrar
Unha excelente forma de aforrar é o intercambio ou comunmente chamado troco, o troco é a forma máis primitiva de comercio da humanidade, o troco é a acción e efecto de intercambiar ou dar e recibir algo por outra cousa, sexa bens mobles e inmobles ou prestación de servizo sen que medie a intervención de diñeiro.

Sitio-e:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Conta no Facebook:
https://gl-es.facebook.com/detroco.armeria

|||||||||||||||||||||||||||||||

segunda-feira, 15 de setembro de 2014

Convocatoría da Asemblea Extraordinaria Deliberativa de Arméria Soc. Coop. Galega, para o Venres 26 de Setembro

Asemblea Extraordinaria Deliberativa de Arméria Soc. Coop. Galega

Día: Venres 26 de Setembro de 2014.
Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última.
Lugar: Centro Cívico de Caranza.

Unha vez superados todos os tramites de legalización da cooperativa. O Consello Reitor na súa última Xuntanza do 10 de Setembro, acordou entre outros asuntos convocar unha Asemblea Extraordinaria Deliberativa, para analizar a situación do proxecto, novas ideas e compromisos. Con posterioridade, aínda sen data, imos ter que celebrar unha Asemblea Extraordinaria, para a renovación de responsabilidades e se é o caso aprobar os documentos e contas correspondentes.




Arméria Sociedade Cooperativa Galega

(Sen ánimo de lucro)
Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol


Correo-e: armeria.soc.coop.galega@gmail.com
Sitio-e: http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||

domingo, 10 de agosto de 2014

Convocatoria dunha xuntanza do Consello Reitor de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, para o mércores 10 de Setembro

O mércores 10 de setembro de 2014, ás 8 da tarde, terá lugar unha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, no local de Caranza, na Traseira do Mercado Municipal.

Orde do día:
  1. Convocatoria da Asemblea xeral para renovación do Consello Rector
  2. Información da tenda de troco
  3. Posible incorporación a redes de Economía solidaria REAS , coop 57 , FIARE ,....
Ferrol, a 10 de Agosto de 2014

Manuel Rivera (Presidente)

|||||||||||||||||||

quinta-feira, 6 de fevereiro de 2014

Adiada 'sine die' a Festa de Aniversario - A Tenda de Troco cumpre un ano - Festa de aniversario o Sábado 8 de Febreiro, desde as 12 do mediodía

NOVO AVISO: Adiada sine die a Festa de Aniversario.
Sentimos comunicar que en previsión de que o sábado se produza unha nova cicloxénese explosiva, queda adiada a festa de aniversario da Tenda de Troco até novo aviso | Grazas.

O próximo sábado 8 de Febreiro ás 12.00hrs, celebramos o primeiro Aniversario da Tenda de Troco dArméria Soc. Coop. Galega.

A Tenda de Troco naceu nun ano difícil para moitas persoas da nosa comarca, durante este ano moitas desas persoas se fixeron usuarias e usuarios da Tenda, vendo no troco unha alternativa de consumo, máis económica, responsable e ecolóxica.

Somos xa 264 usuarias e usuarios da Tenda de Troco.

Queremos convidarvos a vir celebrar o primeiro ano cunha festa onde haberá: bebidas, liscos e música dos Carancereteir@s.

Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega
Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/702497143105831/

web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||||||||||||||||||