quarta-feira, 20 de março de 2013

Encontro de soci@s de FIARE e RENDA BÁSICA

Encontro de soci@s de FIARE e RENDA BÁSICA.

Convidamos-vos a un encontro de persoas e entidades socias de FIARE na comarca en Ferrolterra, desexamos dar-vos a coñecer os avances, a situación actual do proxecto e os pasos que estamos a dar de cara o futuro. O obxectivo é coñecernos e comezar a dar forma a este novo modelo de Banca mais participativo e transparente no que Fiare esta-se a integrar, a Banca Popolare Etica, e na que pasamos a ser a quinta área da cooperativa de crédito. A partir de agora, o GIT Galiza Norte, será o noso principal espazo de participación polo que abordaremos tamén algunhas das tarefas que nos cómpre desenvolver dentro do noso GIT. Achegade-vos o mércores 20 de marzo de 18:00 a 19:00 horas, no local de Armeria (Baixo na traseira do Mercado de Caranza), e compartide connosco as vosas inquedanzas, dúbidas ou propostas.

Ao fín desta xuntanza, aproveitaremos para falar da implicación do grupo de apoio as finanzas éticas, na preparación e desenvolvemento de actividades de difusión e apoio da RENDA BÁSICA, unha ferramenta de transformación social fronte a inxustiza e desigualdade do sistema actual.

Data: 20 de marzo de 2013, mércores.
Hora: de 18:00 a 20:00 horas.
Lugar: S.Coop. Arméria (Baixo na traseira do Mercado de Caranza) Ferrol (A Coruña).

Grupo de apoio as finanzas e seguros éticos.

||||||||||||||||||||||||||

Segunda Xornada de Traballo Comunitario para a Tenda de Troco


Saúdos a tod@s!

Este Xoves 21 de Marzo dende as 17 as 19h faremos unha segunda xornada de traballo para intentar recuperar e mellorar o exterior do local da cooperativa na traseira do mercado de Caranza. Os traballos que faremos serán:
  • quitar óxido das rellas para tratalas e pintalas.
  • pintar dúas columnas e poñer o logo da cooperativa e da tenda.
  • adornar con plantas.
Os materias e ferramentas que precisamos nesta xornada son: cepillos de ferro ou algún tipo de pulidora-lixadora, maceteiros, terra e plantas, luvas... 

Para facer estes traballos contamos coa colaboración d@s soci@s que queiran achegarse e tamén c@s que queiran aproveitar para darlle as horas de traballo a cooperativa.

Aproveitamos esta ocasión para informar que xa chegamos ás trinta fichas de usuari@s da tenda e esperamos seguir medrando día a día, pois son moitas as persoas que se achegan a preguntar. Seria moi positivo ampliar o horario de apertura  para o que estaría ben que máis soci@s colaboraran atendendo na tenda. Tamén estamos preparando a festa de inauguración, informaremos da data máis adiante.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

web
:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||||||||||||||||||