domingo, 17 de março de 2013

Traballo comunitario para a Tenda de Troco


Saúdos a tod@s!

Este martes 19 de Marzo dende as 17 as 19h faremos unha primeira xornada de traballo para intentar recuperar e mellorar o exterior do local da cooperativa na traseira do mercado de Caranza. Os traballos que faremos serán:
  • quitar óxido das rellas para tratalas e pintalas.
  • pintar dúas columnas e poñer o logo da cooperativa e da tenda.
  • adornar con plantas.
Os materias e ferramentas que precisamos nesta xornada son: cepillos de ferro ou algún tipo de pulidora-lixadora, maceteiros, terra e plantas, luvas... 

Para facer estes traballos contamos coa colaboración d@s soci@s que queiran achegarse e tamén c@s que queiran aproveitar para darlle as horas de traballo a cooperativa.

Aproveitamos esta ocasión para informar que xa chegamos ás trinta fichas de usuari@s da tenda e esperamos seguir medrando día a día,pois son moitas as persoas que se achegan a preguntar.Seria moi positivo ampliar o horario de apertura  para o que estaría ben que máis soci@s colaboraran atendendo na tenda.Tamén estamos preparando a festa de inauguración,informaremos da data máis adiante.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

web
:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||||||||||||||||||