sexta-feira, 21 de setembro de 2012

Briante informa de publicacións de moito interese, en especial para as persoas que forman parte da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios

A Asociación de Economía Social Briante, a promotora, dentro do Encontro Social, da cooperativa Arméria, informa da públicación de

Alter Nativas: Boletin TURISMO E DESENVOLVEMENTO-9

Neste boletín abordan-se a modificación da nova lei de costas, e coñecemos un pouco mellor a Tucum - Rede cearense de turismo comunitario.

Podedes descargarvos o mesmo en:

http://www.nativas.org/t-res/TurismoyDesarrollo_9.pdf

Así mesmo achegan o enlace ao artigo escrito polos compañeiros Jordi Gascón, Xabier Montagut e Ernest Cañada sobre Eurovegas.

http://rebelion.org/noticia.php?id=156075

Enlace da moi interesante web de Alter-Nativas:



www.nativas.org


|||||||||||||||||

terça-feira, 11 de setembro de 2012

Primeira xuntanza do Consello Reitor Provisional da Cooperativa Arméria


Convocada a primeira xuntanza do Consello Reitor Provisional da Cooperativa Arméria para o Mércores 12 de Setembro de 2012, ás 7 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Orde do día:
  1. Constituír-se como Consello Reitor.
  2. Concretar as funcións e obxectivos acordados.
  3. Elaborar un calendario de traballo.
  4. Outros asuntos de interese se os houber.
Ferrol Terra a 5 de Setembro de 2012

|||||||||||||||||||||||||

segunda-feira, 10 de setembro de 2012

A Cooperativa Arméria constitúe a Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios e convoca ás comunidades educativas da comarca a unirse á iniciativa

Arméria é unha Cooperativa sen ánimo de lucro, constituída en Ferrol o pasado mes de abril. Un grupo de persoas asociadas á cooperativa, e vinculadas co mundo do ensino, constituíron unha Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.

A motivación para esta iniciativa, xurde dunha realidade coa que se están atopando todas as comunidades educativas: cada vez resulta máis difícil para moitas familias, poder custear viaxes escolares, que por outra banda resultan fundamentais para completar a formación dos nenos e nenas.

En Arméria existe  o convencemento de que, co apoio mutuo entre comunidades escolares, movementos e organizacións sociais, podemos crear alternativas e proxectos de colaboración, que garantan, máis aínda nestes tempos de dificultade, que os nenos e nenas dos centros públicos podan seguir tendo ao seu alcance ese xeito lúdico de aprender que é viaxar.

No convencemento de que esta mesma preocupación, é compartida pola maioria da comunidade educativa, é polo que a Cooperativa Armeria organiza unha xuntanza onde poder intercambiar ideas e proxectos que axuden a dar solucións conxuntas, ao longo deste curso que comeza, a esta problemática.

A xuntanza terá lugar ás 18hs, o luns, 10 de setembro, no Ceip Manuel Masdías de Caranza, e a ela están convidadas tanto o profesorado como as ANPAS dos centros públicos da comarca.

||||||||||||||||

domingo, 9 de setembro de 2012

Acta de Constitución do Consello Reitor Provisional de Arméria Sociedade Cooperativa Galega

Convocada pola Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, celebrada o pasado 13 de Agosto de 2012, ten lugar a Xuntanza Aberta a todas as persoas socias de Arméria que se quixeran presentar voluntarias para formar parte dun xeito provisional do Consello Reitor da Cooperativa; quixeran facer propostas doutras persoas, ou simplemente ser testemuñas da constitución.

A reunión tivo lugar, en Ferrol, o martes día 4 de Setembro de 2012, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, pasadas as 8 da tarde.

No transcurso da mesma asistiron 25 persoas socias.

O único punto da orde do día era o da constitución do Consello Reitor Provisional, aínda que ao final, fora da orde do día trataron-se outros asuntos de certa urxencia e aproveitou-se para lembrar reunións pendentes.

Ao comezo da xuntanza informou-se das limitacións da convocatoria informando que só se enviaron 76 convocatorias por correo-e (sendo 113 as persoas asociadas), das cales dúas viñeron devoltas. Tamén se informa que aínda que a xuntanza quedou convocada desde unha reunión anterior como se menciona ao comezo desta Acta, así como que foi publicada na Axenda do Encontro e nos blogues do mesmo Encontro e de Arméria, como tamén saíu publicada de xeito destacado na prensa local, foron máis de 30 as persoas asociadas ás cales non se lles enviou directamente a convocatoria.

Informou-se previamente en liñas xerais en que consistía o órgano reitor a constituír:

“O Consello Reitor Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordina todas as actividades das comisións, grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesourería. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria”.

Posteriormente informou-se da situación actual de Arméria:

“Na actualidade a Cooperativa Arméria en fase de constitución legal e formal, leva-se desde a Comisión de Economía Social e de Calidade de Vida, do Encontro Social de Ferrol Terra que é quen a promove. No aspecto formal no seo de Arméria están constituídas só dúas seccións: unha que é o Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos e outra que é a Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios. Estas dúas seccións están en fase de formación con proxectos en marcha, como xa informaremos no Boletín nº2 de Arméria. Despois hai unha actividade compartida que promove a cooperativa e que está dentro da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra como é o Banco de Tempo que tamén está en fase de formación e dous proxectos máis en marcha : a Axenda Aberta - De boca a boca e O Peto Solidario”.

Informou-se que para coordinar esta incipiente actividade e comezar a dar-lle corpo á cooperativa, foi polo que se  acordou na Asemblea Plenaria do Encontro Social do pasado 13 de Agosto, convocar esta xuntanza aberta a todas as sociais e socios de Arméria, "para axudar a constituír o Consello Reitor Provisional da Cooperativa, até a Asemblea Xeral onde se formalice e legalice a súa constitución". Na citada Asemblea Plenaria encomendou-se-lle a este Consello Reitor "a función provisional, entre outras, de facer unha última revisión aos Estatutos, controlar as contas, convocar unha Asemblea Xeral de Arméria para a súa aprobación e realizar todos os trámites legais, para a súa constitución no menor prazo posíbel, así como coordinar provisionalmente as seccións constituídas e promover a constitución das comisión e resto de seccións previstas".

Despois de recoller-se os nomes das persoas que se presentaban voluntarias  e escoitadas  outras propostas completou-se o Consello Reitor de carácter Provisional.
 Quedando constituído do seguinte xeito:
Manuel Rivera Iglesias -Presidente-
Elena Casal Mera -Vicepresidenta-
Inácio Martínez Orero -Secretario-
Vitoria Fernández Paredes -Vogal-
Xoán Carlos Berrocal Regueira -Vogal-
Fani Doce Fernández -Vogal-
Carlos Vidal Ojea -Vogal-
Lucía Vizoso Amado -Vogal-
Segundo Ruíz Lemos -Vogal-
Chema Hernández Roca -Vogal-
Manuel Rodríguez Carballeira -Vogal-
Lupe Ces Rioboo -Vogal-
Acordou-se convocar a primeira xuntanza o Mércores 12 de Setembro de 2012, ás 7 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Acordou-se enviar o anteproxecto de Estatutos a todas as persoas asociadas para a súa revisión, tanto gramatical como para propoñer as modificacións ou consideracións oportunas. Tendo en conta que estes estatutos que imos legalizar contemplan moitos aspectos que podemos considerar innecesarios ou moi burocratizados ou con moitos tecnicismos, mais que a normativa vixente sobre cooperativas obríganos a contemplar así. Despois temos a oportunidade de facer un regulamento de réxime interno máis real co que pretende ser Arméria.

Fóra da orde do día:
- Informou-se da reunión da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios, no local da Asociación Veciñal de Esteiro, para o Venres 7 de Setembro, ás 7 da tarde, para preparar a reunión ampla que vai ter lugar o Luns 10 de Setembro, ás 6 da tarde, no CEIP de Caranza 'Manuel Masdías', con representates de ANPAS e profesorado dos Colexios Públicos.

- Informou-se da reunión das persoas promotoras do Banco de Tempo, no local da Asociación Veciñal de Esteiro, para o Xoves 6 de Setembro, ás 7 da tarde, para presentar a ferramenta informática elaborada para o funcionamento na rede e outros asuntos de interese.

- Informou-se de que xa había unha solución para os murais do Comité Cidadán de Emerxencia que están ocupando espazo no local de Caranza, polo que cumpría pór en marcha a planificación de traslado e instalación, utilizando horas de traballo comunitario. Tarefa que queda para o Consello Reitor.

En Ferrol Terra, a 5 de Setembro de 2012

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

|||||||||||||||

segunda-feira, 3 de setembro de 2012

Xuntanza para constituír, con carácter provisional, un Consello Reitor Aberto da Cooperativa Arméria - Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro


O Consello Reitor Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordina todas as actividades das comisións, grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesourería. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria.

Na actualidade a Cooperativa Arméria en fase de constitución legal e formal, leva-se desde a Comisión de Economía Social e de Calidade de Vida, do Encontro Social de Ferrol Terra que é quem a promove. No aspecto formal no seo de Arméria están constituídas só dúas seccións: unha que é o "Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos" e outra que é a "Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios". Estas dúas seccións están en fase de formación con proxectos en marcha, como xa informaremos no Boletín nº2 de Arméria. Despois hai unha actividade compartida que promove a cooperativa e que está dentro da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra como é o "
Banco de Tempo" que tamén está en fase de formación e dous proxectos máis en marcha : a "Axenda Aberta - De aboca a boca" e "O Peto Solidario". Para coordinar esta incipiente actividade e comezar a dar-lle corpo á cooperativa, acordou-se na Asemblea Plenaria do Encontro Social do pasado 13 de Agosto, convocar unha xuntanza aberta a todas as sociais e socios de Arméria para axudar a constituír o Consello Reitor provisional da Cooperativa, até a Asemblea Xeral onde se formalice e legalice a súa constitución. Este Consello Reitor tería a función provisional, entre outras, de facer unha última revisión aos Estatutos, controlar as contas, convocar unha Asemblea Xeral de Arméria para a súa aprobación e realizar todos os trámites legais, para súa constitución no menor prazo posíbel.

Esta xuntanza aberta está previsto realiza-la o vindeiro
Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Están convocadas todas as persoas asociadas a unha reunión de persoas voluntarias que queiran facer propostas ou mesmo formar parte dun Consello Reitor de carácter Provisional.


http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/


|||||||||||||||||||