quinta-feira, 6 de dezembro de 2012

Presentación do novo Banco de Tempo de Ferrolterra: Luns 10 de decembro de 2012, ás 19hs

ESTE LUNS, NA GALERÍA SARGADELOS, PRESÉNTASE O BANCO DE TEMPO DE FERROLTERRA

Este luns, día 10 de decembro, de 19 a 20 horas, no Salón de Actos da Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32), celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.

Aprender unha receita ou pasar a ferro a unha camisa, regar as plantas ou axudarche a mover un moble, son algunhas das necesidades da vida diaria que poden ser resoltas intercambiando servizos ou actividades, sen diñeiro, no novo Banco de Tempo.

O procedemento é sinxelo e gratuíto, unha vez que o usuario se rexistra na web do Banco de Tempo e é dado de alta, poderá consulta no Banco as ofertas e demandas dos outros socios e contactar con eles, así como especificar, os servizos que pode prestar e os que espera recibir. Cada vez que un usuario presta un servizo gaña horas que se acumulan na súa "conta". Despois, estas horas poderán se cambiadas por outros servizos cando o usuario o necesite. Non se usa diñeiro, só se intercambia tempo.

O Banco de Tempo de Ferrolterra é unha iniciativa que xorde dende a Cooperativa “Armeria”, pero que funciona de forma autónoma e aberta á participación de todos os veciños. Dende o principio da súa creación, estivo apoiada activamente pola Asemblea do Encontro Social de Ferrolterra, xa que con este proxecto, se pretende facilitar a colaboración e apoio entre veciños, dotándonos dunha alternativa para relacionarnos e intercambiar actividades sen diñeiro.

Se queres unirte ao Banco de Tempo de Ferrolterra, sentes curiosidade, ou simplemente queres coñecer de preto este tipo de alternativas achégate este luns á presentación, ou rexístrate en: bdt.deferrolterra.org, en breve te chamaremos para informarte e encher a ficha de inscrición. Tamén podes contactarnos, no correo electrónico: bdt@deferrolterra.org ou no teléfono 634357766.


Folleto:
https://docs.google.com/open?id=1bM9UmzvRMqOwoHkFMYhKaHDUHKDSt0m7Ud9FWpQzAuWKl1ltwTPbgut8LMS_

Cartaz:
https://docs.google.com/open?id=1lgKeDB1T5DFn3pLlc5GrhAQ_dbsG1MZ2LZGJPa1dY9sF-4J_meZC0T-YoUVE

---

terça-feira, 23 de outubro de 2012

Xornada de traballo comunitario no local da traseira do Mercado de Caranza

Convocatoria Xornada de Limpeza

Lugar: local da Traseira do Mercado de Caranza.

Día: mércores 24 de Outubro.

Hora: 17:00 hs.

O Consello Reitor de Arméria, acordou, na súa última reunión, convocar unha xornada de traballo comunitario, consistente na limpeza do local da traseira do Mercado de Caranza. O Consello acordou contabilizar o traballo como dúas horas (equivalente a 10€) para o Capital Social.

Quen poida que achegue luvas, vasoira, rasqueta e roupa de traballo, pois o local está un pouco penoso.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Sociedade Cooperativa Galega Arméria
Blogue de Arméria (Provisional)
http://armeriacooperativa.blogspot.com/

Contacto:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
armeriacooperativa@deferrolterra.org

||||||||||||

CONVOCATORIA ASEMBLEIA XERAL DA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA ARMÉRIA - Sábado 27 de Outubro de 2012

CONVOCATORIA ASEMBLEIA XERAL DA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA  ARMÉRIA

Obxectivo: Celebrar a Asemblea de Arméria para a aprobación dos Estatutos e Elección do Consello Reitor e se procede do Interventor ou interventora.

Día: Sábado 27 de Outubro de 2012.

Hora: Ás 18:00hs en primeira convocatoria e ás 18:30hs en Segunda, cunha duración máxima de dúas horas.

Lugar: Local Social da SCDR "Galicia de Caranza" - Avenida Castelao, 3 (Caranza - Ferrol).


Orde do día:

1- Elección de Presidente e Secretario que presidan a asemblea.

2- Presentación das actividades desenvolvidas polo Consello Rector Provisional.

3- Presentación e aprobación, se procede, dos Estatutos da Cooperativa.

4- Presentación de candidaturas e elección, mediante votación do Consello Rector e Xerente.

Candidatura ao Consello Rector:

    Manuel F. Rivera Iglesias (Presidente)

    Inácio Martínez Orero (Secretario)

    Maria Elena Casal Mera (Vogal)

    Victoria Fernández Paredes (Vogal)

    Juan Carlos Berrocal Regueira (Vogal)

    Estefanía Doce Fernández (Vogal)

    Carlos Vidal Ojea (Vogal)

    Lucia Vizoso Amado (Vogal)

    Segundo Ruíz Lemos (Vogal)

    José María Hernández Roca (Vogal)

    Manuel A. Rodríguez Carballeira (Vogal)

    Lupe Ces Rioboo (Vogal)

Candidatura a Interventor: Anxo Zas

Aínda que esta candidatura está formada por persoas voluntarias e elixidas nunha Asemblea Aberta e que ten a consideración de provisional até que sexa avaliadada e legalizada a Cooperativa, poderan-se presentar candidaturas, con antelación por escrito ou na propia Asemblea.

ESTATUTOS DE ARMÉRIA QUE SE VAN PÓR Á APROBACIÓN DA ASEMBLEA

(Se alguén ten que facer algunha observación, contributo ou modificación final que o faga, por escrito, antes do Sábado, pois necesitamos que a Asemblea sexa áxil)

A proposta de Estatutos no enlace:

    https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMTUh3RUpwY1FyNnc

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Sociedade Cooperativa Galega Ármeria
Blogue de Arméria (Provisional)
http://armeriacooperativa.blogspot.com/

Contacto:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
armeriacooperativa@deferrolterra.org

||||||||||||||||

Banco de Tempo de Ferrol Terra - Xuntanza o Martes, 23 de Outubro, na Asociación Veciñal de Esteiro

Banco de Tempo de Ferrolterra. Reunión do grupo de traballo.

Convidase-vos a reunión do grupo de traballo do proxecto do Banco de Tempo de Ferrolterra as 19:00 horas do martes 23 de outubro no local da asociación veciñal de Esteiro. A orde do día queda aberta as propostas e modificacións que desexedes achegar.

Orde do día:

1.- Posta en común o material da presentación pública e promoción do BdT.
2.- Debater o calendario das tarefas actuais e como participar delas.
3.- Propostas e preguntas.
4.- Próxima xuntanza.

Pidese un esforzo de participación e difusión entre el personal interesado.
ACTAS anteriores e ENLACES ao traballo realizado: ||||||||||||||||

sexta-feira, 21 de setembro de 2012

Briante informa de publicacións de moito interese, en especial para as persoas que forman parte da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios

A Asociación de Economía Social Briante, a promotora, dentro do Encontro Social, da cooperativa Arméria, informa da públicación de

Alter Nativas: Boletin TURISMO E DESENVOLVEMENTO-9

Neste boletín abordan-se a modificación da nova lei de costas, e coñecemos un pouco mellor a Tucum - Rede cearense de turismo comunitario.

Podedes descargarvos o mesmo en:

http://www.nativas.org/t-res/TurismoyDesarrollo_9.pdf

Así mesmo achegan o enlace ao artigo escrito polos compañeiros Jordi Gascón, Xabier Montagut e Ernest Cañada sobre Eurovegas.

http://rebelion.org/noticia.php?id=156075

Enlace da moi interesante web de Alter-Nativas:



www.nativas.org


|||||||||||||||||

terça-feira, 11 de setembro de 2012

Primeira xuntanza do Consello Reitor Provisional da Cooperativa Arméria


Convocada a primeira xuntanza do Consello Reitor Provisional da Cooperativa Arméria para o Mércores 12 de Setembro de 2012, ás 7 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Orde do día:
  1. Constituír-se como Consello Reitor.
  2. Concretar as funcións e obxectivos acordados.
  3. Elaborar un calendario de traballo.
  4. Outros asuntos de interese se os houber.
Ferrol Terra a 5 de Setembro de 2012

|||||||||||||||||||||||||

segunda-feira, 10 de setembro de 2012

A Cooperativa Arméria constitúe a Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios e convoca ás comunidades educativas da comarca a unirse á iniciativa

Arméria é unha Cooperativa sen ánimo de lucro, constituída en Ferrol o pasado mes de abril. Un grupo de persoas asociadas á cooperativa, e vinculadas co mundo do ensino, constituíron unha Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.

A motivación para esta iniciativa, xurde dunha realidade coa que se están atopando todas as comunidades educativas: cada vez resulta máis difícil para moitas familias, poder custear viaxes escolares, que por outra banda resultan fundamentais para completar a formación dos nenos e nenas.

En Arméria existe  o convencemento de que, co apoio mutuo entre comunidades escolares, movementos e organizacións sociais, podemos crear alternativas e proxectos de colaboración, que garantan, máis aínda nestes tempos de dificultade, que os nenos e nenas dos centros públicos podan seguir tendo ao seu alcance ese xeito lúdico de aprender que é viaxar.

No convencemento de que esta mesma preocupación, é compartida pola maioria da comunidade educativa, é polo que a Cooperativa Armeria organiza unha xuntanza onde poder intercambiar ideas e proxectos que axuden a dar solucións conxuntas, ao longo deste curso que comeza, a esta problemática.

A xuntanza terá lugar ás 18hs, o luns, 10 de setembro, no Ceip Manuel Masdías de Caranza, e a ela están convidadas tanto o profesorado como as ANPAS dos centros públicos da comarca.

||||||||||||||||

domingo, 9 de setembro de 2012

Acta de Constitución do Consello Reitor Provisional de Arméria Sociedade Cooperativa Galega

Convocada pola Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, celebrada o pasado 13 de Agosto de 2012, ten lugar a Xuntanza Aberta a todas as persoas socias de Arméria que se quixeran presentar voluntarias para formar parte dun xeito provisional do Consello Reitor da Cooperativa; quixeran facer propostas doutras persoas, ou simplemente ser testemuñas da constitución.

A reunión tivo lugar, en Ferrol, o martes día 4 de Setembro de 2012, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, pasadas as 8 da tarde.

No transcurso da mesma asistiron 25 persoas socias.

O único punto da orde do día era o da constitución do Consello Reitor Provisional, aínda que ao final, fora da orde do día trataron-se outros asuntos de certa urxencia e aproveitou-se para lembrar reunións pendentes.

Ao comezo da xuntanza informou-se das limitacións da convocatoria informando que só se enviaron 76 convocatorias por correo-e (sendo 113 as persoas asociadas), das cales dúas viñeron devoltas. Tamén se informa que aínda que a xuntanza quedou convocada desde unha reunión anterior como se menciona ao comezo desta Acta, así como que foi publicada na Axenda do Encontro e nos blogues do mesmo Encontro e de Arméria, como tamén saíu publicada de xeito destacado na prensa local, foron máis de 30 as persoas asociadas ás cales non se lles enviou directamente a convocatoria.

Informou-se previamente en liñas xerais en que consistía o órgano reitor a constituír:

“O Consello Reitor Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordina todas as actividades das comisións, grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesourería. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria”.

Posteriormente informou-se da situación actual de Arméria:

“Na actualidade a Cooperativa Arméria en fase de constitución legal e formal, leva-se desde a Comisión de Economía Social e de Calidade de Vida, do Encontro Social de Ferrol Terra que é quen a promove. No aspecto formal no seo de Arméria están constituídas só dúas seccións: unha que é o Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos e outra que é a Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios. Estas dúas seccións están en fase de formación con proxectos en marcha, como xa informaremos no Boletín nº2 de Arméria. Despois hai unha actividade compartida que promove a cooperativa e que está dentro da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra como é o Banco de Tempo que tamén está en fase de formación e dous proxectos máis en marcha : a Axenda Aberta - De boca a boca e O Peto Solidario”.

Informou-se que para coordinar esta incipiente actividade e comezar a dar-lle corpo á cooperativa, foi polo que se  acordou na Asemblea Plenaria do Encontro Social do pasado 13 de Agosto, convocar esta xuntanza aberta a todas as sociais e socios de Arméria, "para axudar a constituír o Consello Reitor Provisional da Cooperativa, até a Asemblea Xeral onde se formalice e legalice a súa constitución". Na citada Asemblea Plenaria encomendou-se-lle a este Consello Reitor "a función provisional, entre outras, de facer unha última revisión aos Estatutos, controlar as contas, convocar unha Asemblea Xeral de Arméria para a súa aprobación e realizar todos os trámites legais, para a súa constitución no menor prazo posíbel, así como coordinar provisionalmente as seccións constituídas e promover a constitución das comisión e resto de seccións previstas".

Despois de recoller-se os nomes das persoas que se presentaban voluntarias  e escoitadas  outras propostas completou-se o Consello Reitor de carácter Provisional.
 Quedando constituído do seguinte xeito:
Manuel Rivera Iglesias -Presidente-
Elena Casal Mera -Vicepresidenta-
Inácio Martínez Orero -Secretario-
Vitoria Fernández Paredes -Vogal-
Xoán Carlos Berrocal Regueira -Vogal-
Fani Doce Fernández -Vogal-
Carlos Vidal Ojea -Vogal-
Lucía Vizoso Amado -Vogal-
Segundo Ruíz Lemos -Vogal-
Chema Hernández Roca -Vogal-
Manuel Rodríguez Carballeira -Vogal-
Lupe Ces Rioboo -Vogal-
Acordou-se convocar a primeira xuntanza o Mércores 12 de Setembro de 2012, ás 7 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Acordou-se enviar o anteproxecto de Estatutos a todas as persoas asociadas para a súa revisión, tanto gramatical como para propoñer as modificacións ou consideracións oportunas. Tendo en conta que estes estatutos que imos legalizar contemplan moitos aspectos que podemos considerar innecesarios ou moi burocratizados ou con moitos tecnicismos, mais que a normativa vixente sobre cooperativas obríganos a contemplar así. Despois temos a oportunidade de facer un regulamento de réxime interno máis real co que pretende ser Arméria.

Fóra da orde do día:
- Informou-se da reunión da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios, no local da Asociación Veciñal de Esteiro, para o Venres 7 de Setembro, ás 7 da tarde, para preparar a reunión ampla que vai ter lugar o Luns 10 de Setembro, ás 6 da tarde, no CEIP de Caranza 'Manuel Masdías', con representates de ANPAS e profesorado dos Colexios Públicos.

- Informou-se da reunión das persoas promotoras do Banco de Tempo, no local da Asociación Veciñal de Esteiro, para o Xoves 6 de Setembro, ás 7 da tarde, para presentar a ferramenta informática elaborada para o funcionamento na rede e outros asuntos de interese.

- Informou-se de que xa había unha solución para os murais do Comité Cidadán de Emerxencia que están ocupando espazo no local de Caranza, polo que cumpría pór en marcha a planificación de traslado e instalación, utilizando horas de traballo comunitario. Tarefa que queda para o Consello Reitor.

En Ferrol Terra, a 5 de Setembro de 2012

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

|||||||||||||||

segunda-feira, 3 de setembro de 2012

Xuntanza para constituír, con carácter provisional, un Consello Reitor Aberto da Cooperativa Arméria - Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro


O Consello Reitor Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordina todas as actividades das comisións, grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesourería. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria.

Na actualidade a Cooperativa Arméria en fase de constitución legal e formal, leva-se desde a Comisión de Economía Social e de Calidade de Vida, do Encontro Social de Ferrol Terra que é quem a promove. No aspecto formal no seo de Arméria están constituídas só dúas seccións: unha que é o "Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos" e outra que é a "Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios". Estas dúas seccións están en fase de formación con proxectos en marcha, como xa informaremos no Boletín nº2 de Arméria. Despois hai unha actividade compartida que promove a cooperativa e que está dentro da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra como é o "
Banco de Tempo" que tamén está en fase de formación e dous proxectos máis en marcha : a "Axenda Aberta - De aboca a boca" e "O Peto Solidario". Para coordinar esta incipiente actividade e comezar a dar-lle corpo á cooperativa, acordou-se na Asemblea Plenaria do Encontro Social do pasado 13 de Agosto, convocar unha xuntanza aberta a todas as sociais e socios de Arméria para axudar a constituír o Consello Reitor provisional da Cooperativa, até a Asemblea Xeral onde se formalice e legalice a súa constitución. Este Consello Reitor tería a función provisional, entre outras, de facer unha última revisión aos Estatutos, controlar as contas, convocar unha Asemblea Xeral de Arméria para a súa aprobación e realizar todos os trámites legais, para súa constitución no menor prazo posíbel.

Esta xuntanza aberta está previsto realiza-la o vindeiro
Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Están convocadas todas as persoas asociadas a unha reunión de persoas voluntarias que queiran facer propostas ou mesmo formar parte dun Consello Reitor de carácter Provisional.


http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/


|||||||||||||||||||

domingo, 1 de julho de 2012

O vindeiro Sábado 7 de Xullo terá lugar a Asemblea Anual REAS Galiza (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria) en San Sadurniño

Asemblea Anual REAS Galiza
(Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria)
http://www.economiasolidaria.org/redes/reas_galicia

NOTA: O PROGRAMA FOI MODIFICADO POR CAUSAS ALLEAS Á COOPERATIVA ARMÉRIA

Data
: 7 de Xullo de 2012 (Sábado)

Lugar: Casa da Cultura de San Sadurniño

PROGRAMA MODIFICADO

10:00 Acollemento.

Entre as 10:30 e as as 14:00 Xornada de Exposición e debate sobre: Recuperadorxs, Seguros Éticos, Enerxías Renovábeis na Economía Social e Solidaria e  Finanzas Éticas. Haberá un descanso de media hora sobre as 12 do mediodía.

Expoñeran os temas:  Javier Ortega (Grupo la Veloz Zaragoza e Reas-Aragón), Margarita Barreiro Pérez (presidenta de Reas-Galiza), Lucía Medina Navarro (A Cova dos Ratos), Pilar López (Sinerxia) e Ramón Carmelo (Coop57).

Informarán sobre Cooperativa ARÇ Servizos Integrais de Seguros e Consumo Responsable.
[http://www.arccoop.coop/index.php/gl/home] |

Informarán sobre a experiencia da plataforma, a nivel estatal, de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social - “AERESS”.
[http://www.aeress.org/]

14:00 Xantar.

16:00 Asemblea de Reas-Galiza.

18:00 Clausura.

***


Sobre o Xantar (O que se recade será para ingresar no Peto Solidario).

O xantar realizarase nas mesmas instalacións da Casa da Cultura. O menú consistirá en salada, arroz con vexetais ou arroz con choupas, froita, postres e bebidas. É importante informar antes do 1 de xullo do número de persoas que van anotarse no xantar e o menú que prefiren. O prezo vai ser moi asequíbel (entre 6 e 10 euros), pero non se fixará definitivamente até que saibamos o nº de persoas que se van anotar. Comunica-ĺo no enderezo forosocialdeferrolterra@gmail.com ou á hora da inscrición neste blogue.



Festival do Rio Castro

A 8 km da Casa da Cultura, na parroquia de Narahio, celebrase o Festival do Río Castro que pode ser unha boa alternativa para rematar a xornada.


Como Chegar?

http://goo.gl/maps/RwVU


No seguinte enlace pódese consultar os horarios de tren de Ferrol a San Sadurniño, prezo 1,70 billete, 3,25 ida e volta.

http://www.feve.es/es/tratarAplicacionHorario.do2


Mapa da Zona.-



Exibir mapa ampliado



PARA ACHEGAR-SE Á CASA DA CULTURA DESDE O APEADEIRO DE LAMAS


Exibir mapa ampliado

http://goo.gl/maps/XZDX

Desde o apeadeiro de Lamas até a casa da Cultura de San Sadurniño

Pola AC-7602, son 2,8 Km, 35 minutos a pé e 10 minutos  en bici.

Pola Estrada de Ortigueira/AC-862 e AC-862, son 3,6 km, 45 minutos a pé e 12 en bici.

Web do Concello:
http://www.sansadurnino.es


PARA ACHEGAR-SE AO FESTIVAL DESDE A CASA DA CULTURA 


Ver mapa más grande

http://goo.gl/maps/GWEU

Desde a Casa da Cultura de San Sadurniño até o Festival do Río Castro en Naraio.

Pola ESTRADA  AC-862, son 7,3 Km, 7 minutos en coche e 20 ou 25 en bici.

Blogue do Festival do Río Castro:
http://riocastro.blogspot.com.es/



Públicado: Sección provisional de organización de eventos de Arméria.

Colabora: Concello de San Sadurniño.

Para máis info:

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

||||||||||||||||||||

quinta-feira, 28 de junho de 2012

A Cooperativa Arméria está organizando a vindeira Asemblea Anual de REAS-Galiza que terá lugar o Sábado 7 de Xullo de 2012

A Cooperativa Arméria está organizando a vindeira Asemblea Anual de REAS-Galiza que terá lugar o Sábado 7 de Xullo de 2012, na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño. A Asemblea propiamente dita terá lugar pola tarde. Pola mañá estará dedicada a dous temas de moita importancia para o traballo que estamos realizando na nosa Comarca na Rede de Apoio Mutuo. Trata-se dos segurosa éticos e por outra banda, da experiencia de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social. Polo seu interese decideu-se dar a maior publicidade posíbel a este evento. Despois, o mesmo día, poderemos disfrutar na mesma zona do Festival do Río Castro que se celebrará na parroquia de Naraío no mesmo concello de San Sadurniño, ao cal quen quixer pode-se desprazar a xantar até alí que só está a uns oito quilómetros de distancia da Casa da Cultura. Quen quixer xantar na Casa da Cultura, ten que no tífica-lo na inscrición.


||||||||||||||

sábado, 21 de abril de 2012

Arméria Sociedade Cooperativa Galega

Que é Arméria?

Arméria é unha sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro. A Cooperativa 'Arméria' é unha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. 'Arméria' ten como obxectivo promover actividades de economia social que incidan favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras do territorio no que actúa, nas comarcas de Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos e Eume. Unhas actividades guiadas polos principios da cooperación, a complementaridade, a reprocidade, a autoxestión, portas abertas, democracia, e axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Nestas actividades empregaremos xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios.

Para asociarse a Arméria hai que contribuir con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.

A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión da sociedade cooperativa. Está constituida pòr todas as persoas asociadas a Arméria.

O Consello Rector Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordena todas as actividades dos grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesoureria. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria.

A Comisión Técnica é competente en: resolver os asuntos legais da cooperativa; facer os estudos de viabilidade das diferentes actividades e proxectos; apoio técnico a outros proxectos de economía social e solidaria; e outras que acorde a Asemblea Xeral.

A Comisión Social é competente en: dinamizar a participación das persoas socias na diferentes actividades; as relacións da cooperativa con outras entidades e administracións; e outras que acorde a Asemblea Xeral.

Seccións e grupos de Arméria:

  • Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos
  • Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios
  • Comisión de Organización de Eventos (P)
  • Centro Comarcal de Comunicación (P)
  • Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man (P)

Actividades e ferramentas sociais compartidas dentro da Rede de Apoio Mutuo:

  • RECURSOS COMPARTIDOS (P)
  • AXENDA ABERTA - DE BOCA A BOCA
  • BANCO DE TEMPO
  • PETO SOLIDARIO (P)

Nota.- (P) Pendente de Constituír ou formalizar



Arméria Sociedade Cooperativa Galega

(Sen ánimo de lucro)
Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol


Correo-e: armeria.soc.coop.galega@gmail.com
Sitio-e: http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||